El Servicio Integral

ES / EN


A Consellería de Economía, Emprego e Industria fomenta o sector do granito a través da sinatura de dous convenios de colaboración

01/08/2016

  • A Xunta asina coa Fundación do Centro Tecnolóxico do Granito dous convenios para impulsar o sector

  • O Centro Tecnolóxico do Granito vai traballar na competitividade técnica e ambiental no sector do granito e na modelización de restauración de canteiras.

  • O Goberno galego aporta 160.000,00 € para impulsar o sector


A Consellería de Economía, Emprego e Industria, por medio da Dirección Xeral de Enerxía e Minas ten, entre outras, as funcións de vixilancia, control, promoción e asesoramento técnico ás asociacións empresariais en materia de seguridade e hixiene e de prevención de enfermidades profesionais no eido da minería.


O sector da “Pedra e rochas ornamentais” de Galicia, no que se inclúe o granito, é un sector tradicional da economía galega que a Xunta de Galicia considera estratéxico tal e como recoñece en varios documentos como a “Axenda de Competitividade Galicia-Industria 4.0” e na “Estratexia de Especialización Intelixente. RIS3”


A FCTGG é unha entidade especializada no fomento da investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico de procesos e produtos e servizos de control de calidade e a asistencia tecnolóxica a entidades e particulares en canto ao sector do granito”, e participante nos estudios e traballos técnicos levados a cabo ata o momento.


A FCTGG é a entidade especializada do sector do granito


O Centro Tecnolóxico do Granito está integrado na cadea de valor que agrupa o Cluster del Granito.


A FCTGG ten ideado un conxunto de proxectos que resultan de especial interese para o sector graniteiro e que permitirán mellorar a competitividade empresarial e, deste xeito, potenciar o desenvolvemento do sector do granito no curto, medio e longo prazo.


É un feito constatable a necesidade de mellorar a posición competitiva dos materiais extraídos ou elaborados en Galicia a través de políticas de calidade, innovación e competitividade que sexan percibidas e valoradas polos mercados domésticos e internacionais. Por elo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o sector graniteiro, teñen como interese común coincidente desenvolver actuacións e proxectos que potencien a actividade do sector.


Convenio para a realización de proxectos que fomenten a competitividade técnica e ambiental no sector do granito


Ao amparo deste convenio vanse realizar proxectos de competitividade ambiental de produtos de granito e traballos sobre patoloxías, diagnóstico, restauración e conservación de sistemas construtivos en pedra natural.


Con esta colaboración preténdese potenciar o uso do granito en proxectos construtivos e decorativos, engadindo valor no eido ambiental e aumentando a seguridade técnica na utilización deste material.


Convenio para a execución doproxecto técnico de modelización da restauración de canteiras


Ao abeiro deste convenio farase un estudio técnico para a identificación, análise e avaliación da modelización da rehabilitación de espazo afectado polas labores mineiras en Galicia, en especial a roca ornamental granito.


Deste xeito, a recuperación ambiental de antigos ocos de canteiras terá unha guía para que tódolos axentes involucrados (Administración, técnicos e empresas) realicen un traballo óptimo en beneficio da sociedade galega.


Galicia: unha potencia mundial no sector da pedra


Galicia é a rexión española con maiores recursos en canto materias primas, variedade de produtos e tradición na explotación e tratamento da pedra natural. Concretamente, a industria graniteira galega é, despois da italiana, a máis importante de Europa e a quinta do mundo.


A industria da pedra en xeral baseou a súa vantaxe competitiva, nos últimos anos, nuns custos de produción inferiores e unha produtividade superior ós seus competidores principais, así como por desenvolvementos tecnolóxicos e certa automatización dos seus procesos produtivos. Dita vantaxe competitiva veuse fortemente ameazada pola dinámica actual do sector, caracterizado por ser un sector cun compoñente de internacionalización moi alto. Polo que é necesario incrementar de xeito continuado a competitividade das súas empresas.


Neste contexto enmárcase a colaboración entre o sector e a Xunta orientada a fortalecer as vantaxes competitivas do sector no mundo.




FCTGG © 2012 |  Centro Tecnológico del Granito Ribeira, S/N, Torneiros. 36410 | O Porriño (Pontevedra)
986 348 964     info@fctgranito.es Área privada   mapa web | cómo llegar | descargas | enlaces
página promocionada por:

© Ideaspropias Publicidad